Ao longo deste verán, as persoas socias de querENDO quixemos agradecer os apoios e coidados que nos ofrecen no noso día a día as persoas que conviven con nós. E ao mesmo tempo expresar eses pequenos xestos que tanto nos enchen e nos fan sentir ben nos peores momentos da doenza.
Desta maneira, fomos publicando nas nosas redes algunhas fotografías capaces de mostrar en imaxe o amor incondicional que recibimos e polo que estivemos, estamos e estaremos fondamente agradecidas, SEMPRE.
Aquí tendes o resultado da campaña. Agardamos a gocedes tanto coma nós.
Grazas por estar!!!