A Guía de atención a mulleres con endometriose do Sistema Nacional de Saúde é un documento imprescindible que debes ter a man para coñecer a túa enfermidade e saber cómo actuar ante as dificultades que se presenten no camiño. Publicada en 2013 como froito da presión de asociacións de afectadas e da colaboración de profesionais da sanidade, é unha ferramenta esencial na loita das asociacións de afectadas: esixir un trato axeitado da enfermidade á sanidade pública que, por desgracia, en moitas ocasións non se produce.
Na Guía poderedes atopar:
- Unha análise pormenorizada da enfermidade que inclúe o estudo da súa definición, características, diagnose, tratamento e o seu impacto psicosocial
- As recomendacións sobre os itinerarios de atención dentro do sistema nacional de saúde.
Este segundo aspecto é o noso punto de partida na loita por una atención de calidade ás afectadas. Podes ver máis sobre este aspecto aquí.
Podes descargala aquí: Guia SNS endometriosis
One Reply to “Guía do SNS (2013)”