querENDO celebrar o mes da Endometriose 2023

Este ano temos preparados varios eventos para o noso mes de marzo, que agardamos axuden a visibilizar á endometriose entre a poboación galega máis nova.

Comezamos o 14 de marzo, o Día Mundial da Endometriose, con faladoiros nas Universidades de Santiago e Coruña. A entrada é de balde, ata completar o aforo.

Para o Día da Marcha Mundial da Endometriose, que celebramos o 25 de marzo, reunirémonos en Pontevedra para falar de fertilidade, actividade física e endometriose e, coma sempre, remataremos cunha concentración na que daremos lectura ao noso manifesto anual.

Acompáñasnos? Inscríbete aquí!

Durante todo o mes estaremos dando charlas nas bibliotecas públicas, inestimables colaboradoras na divulgación sobre a nosa doenza, que ofrecen con xenerosidade os seus espazos, encantadas de axudar. GRAZAS!!

Consulta a nosa AXENDA.

Ademais, contamos tamén coa colaboración das librarías, farmacias, centros de fisioterapia e as consultas das matronas de toda Galicia. GRAZAS, GRAZAS, GRAZAS!!!

Séguenos nas redes e non te perdas nada.