O Ministerio de Sanidade ven de publicar (2020) este documento cuxo alcance, segundo afirman os propios autores, abarca a mulleres de calquera idade con sospeita ou diagnóstico confirmado de endometriosis, que deben ser atendidas de maneira integral, no ámbito da atención primaria e hospitalaria, e desde a perspectiva do SNS.
Abórdanse aspectos relacionados co diagnóstico, tratamento, complicacións, seguimento clínico, criterios de derivación, abordaxe psicosocial e sexual, infertilidade, e calidade de vida.
Os obxectivos son os seguintes:
• Elaborar un produto baseado na evidencia, con recomendacións actualizadas procedentes de guías de práctica clínica de calidade, para a atención ás mulleres con sospeita ou diagnóstico confirmado da enfermidade. Recolle un total de 158 recomendacións.
• Xerar unha proposta de modelo organizativo asistencial. Como resultado desta proposta desenvolvéronse 3 algoritmos –diagnóstico, tratamento e fertilidade− que conformaron o modelo organizativo asistencial ás mulleres con sospeita ou diagnóstico confirmado de endometriosis.
Podes descargar o documento completo neste enlace.