Sen avances no Sergas para as mulleres con endometriose.
No encontro entre a Consellería de Sanidade e querENDO mulleres con endometriose celebrado este martes 6 de febreiro non se concretou ningún acordo novo e confirmáronse os incumprimentos da anterior reunión.
As representantes da asociación querENDO Mulleres con endometriose –unha doenza de orixe xinecolóxica que afecta en Galicia a unhas 60.000 mulleres- acudiron este martes a unha reunión á que foron convocadas pola Consellería de
Sanidade. Na reunión estiveron presentes a Subdelegada de Humanización e a subdirectora de Atención Primaria.
As representantes de asociación agardaban que a Consellería de Sanidade lles anunciase o cumprimento, de polo menos algunhas das medidas a tomar a respecto desta doenza, e que se acordaran nunha xuntanza que mantiveran coa Consellería no ano 2022.
Aproveitouse a reunión para facer un repaso do grao de cumprimento daqueles acordos e o resultado foi para a asociación calificado como pobre e decepcionante xa que non se cumpriu ningún dos puntos acordados.
Os acordos incumpridos son os seguintes:
A Guía galega de atención ás mulleres con endometriose na que as mulleres de querENDO iamos participar e que a Consellería prometera ter rematada nesta lexislatura non se redactou e polo tanto non se puido distribuir e implantar.
Redacción dun protocolo de derivacións ás consultas específicas de endometriose das sete áreas sanitarias galegas.
Non se creou o Centro de Crioconxelación de óvulos no CHUS.
Non se incluíu a endometriose como doenza que xere a posibilidade de demandar segunda opinión tras diagnóstico ou empeoramento significativo.
Non se realizou por parte da Consellería ningunha divulgación se ben hoxe se nos propuxo facer algo a nivel audiovisual para colgar na Escola de Saúde.
Na reunión desculparon a asistencia a Xerente do Sergas e o Director Xeral de Asistencia Sanitaria que nun primeiro momento anunciaran que estarían
presentes.