Obxectivos:
Mellorar a accesibilidade das mulleres a un programa individualizado de reeducación do solo pelviano.
Fomentar a prevención e a identificación dos factores que predispoñen ás disfuncións do solo pelviano feminino.
Previr, detectar, diagnosticar e tratar as disfuncións do solo pelviano feminino.
Manter e/ou mellorar a funcionalidade do Solo Pelviano, a consciencia corporal, a mobilidade articular, o equilibrio de tensión dos diferentes diafragmas corporais, a vascularización local, o ton, a forza e a resistencia do Solo Pelviano, a continencia dos esfínteres e a conservación dunha sexualidade satisfactoria.
Mellorar a continuidade asistencial, tendo como base unha comunicación áxil e efectiva.
Mellorar a capacitación das matronas e dos matróns e das/dos fisioterapeutas na abordaxe das disfuncións do solo pelviano.
Mellora a calidade da atención sexual e reproductiva das mulleres en relación coa prevención e coa abordaxe das disfuncións do solo pelviano.
Podes descargar o documento completo neste enlace.

