A/A Sra. Fernández Galiño, Valedora do Pobo
A/A Mª Jesús Moreno Jiménez, Secretaria Xeral do Instituto de las Mujeres
A/A Francisco M. Fernández Maruán, Defensor del Pueblo
A Baña, 20 de maio de 2021
Prezadas señoras e señor,
O pasado 12 de maio de 2021 veu de publicarse no BOE o Real Decreto 326/2021, do 11 de maio, polo que se aproba o cadro médico de exclusións para o ingreso na Policía Nacional. Certamente, dende a asociación querENDO Mulleres con Endometriose acollimos con moita sorpresa e desagrado o Anexo do cadro médico de exclusións, onde no seu apartado K (aparato uroxenital) punto 11 aparece recollida a endometriose.
A asociación querENDO. Mulleres con endometriose leva xa varios anos traballando na divulgación da endometriose e en buscar unha mellor atención para as súas afectadas a tódolos niveis: sanitario, laboral, social…
A endometriose é unha enfermidade crónica, inflamatoria, hormono-dependente, ás veces incapacitante, caracterizada por la aparición de tecido endometrial noutros lugares do corpo -cavidade pélvica, intestino, aparato urinario, diafragma, pulmón…- Cursa frecuentemente con dor e pode levar emparelladas dificultades para o embarazo. A endometriose cualificouse por especialistas na materia coma unha epidemia oculta xa que afecta hoxe en día a unha de cada 10 mulleres en idade fértil. En Galicia somos unhas 60.000 mulleres das cales o 15% temos formas severas. Hoxe en día o atraso no seu diagnóstico é de 8 anos de media, facendo que a enfermidade empeore o seu prognóstico por ter recibido un tratamento axeitado en tempo e forma. Cando as mulleres con endometriose somos diagnosticas de xeito precoz e recibimos o tratamento que nos corresponde, na meirande parte dos casos podemos levar unha vida totalmente normalizada.
É por isto polo que nos parece unha grande discriminación que se nos vete para o acceso ao corpo de Policía Nacional, pois consideramos que estas exclusións médicas contemplan impedimentos desfasados o no adaptados a la evidencia científica actual sobre a endometriose. Deixando excluídas desta saída laboral a aproximadamente 60.000 mulleres en Galicia e a preto de 2.000.000 en todo o Estado.
Sorprende tamén que cando aquelas mulleres que realmente non poden levar unha vida normalizada solicitan unha incapacidade para os seus postos de traballo, os Tribunais non lle las conceden considerando que a endometriose non é unha doenza invalidante nin incapacitante a nivel laboral independentemente do eido no que se desenvolva a súa profesión .
Ante esta dobre vara de medir que nos queda ás mulleres afectadas?
Por todo o exposto anteriormente solicitamos á sra. Valedora do Pobo inste ao Ministerio do Interior a revisar de novo o cadro médico de exclusións para o ingreso na Policía Nacional, pois de non retractarse, dende a Asociación querENDO Mulleres con Endometriose, procederemos a impugnar a actual convocatoria.
Atentamente
Xunta Directiva querENDO Mulleres con Endometriose