querENDO apoiar a Atención Primaria

O pasado 12 de maio amencimos co seguinte titular “A Xunta prevé menos atención presencial no Sergas que antes da pandemia e volve axitar o persoal médico” (Praza Pública). “…o Concelleiro advirte de que o nivel de atención presencial previo á COVID probablemente non volverá a darse e insiste na aposta do Sergas para que como mínimo se chegue a ese 60% de consultas en persoa”.

Como cidadás con dereitos de saúde e aínda por enriba como doentes crónicas, as mulleres con endometriose non podemos pasar por alto que estes dereitos se nos estén arrebatando dun xeito alarmante e que por enriba o que se pretenda dende os despachos é seguir a tratarnos como números, ofrecendo pluses aos médicos e médicas da AP por atendernos e conseguindo deste xeito desmantelar unha Sanidade Pública que se ben xa viña renqueante de tempos pasados, parece que a COVID conseguiu case que aniquilala. Non podemos consentir que se nos fagan diagnósticos telefónicos, non podemos consentir que haxa ademais unhas listaxes de agarda de semanas en moitos casos para ter unha cita co teu doutor ou doutora de cabeceira; non podemos consentir que non se repoña o persoal que vén de xubilarse e logo se alegue que non hai profesionais suficientes…

Por todo isto, dende querENDO Mulleres con endometriose vimos de enviar un escrito tanto ao sr. Conselleiro de Sanidade coma ao sr. Director do Sergas, rexeitando de maneira frontal esta información e poñéndonos do lados dos e das profesionais da Atención Primaria, loitando con polo seus e os nosos dereitos.

querENDO Apoiar a Atención Primaria

Sala de espera endometriose