querENDO escoitar aos profesionais: Os Retos da Endometriose

Os retos da endometriose é un proxecto que pretende visibilizar a realidade da atención a mulleres con endometriose en Galicia dende as diferentes realidades que hai na comunidade.

Un proxecto que busca darlle voz a persoas relevantes na atención sanitaria xinecolóxica galega para coñecer as diferentes perspectivas. Consta dunha serie de entrevista que se irán publicando ao longo deste mes de marzo nas Redes Sociais de querENDO Mulleres con endometriose coa finalidade de verter un pouco de luz sobre a opacidade que sobrevoa esta doenza.