querENDO que non se esqueza a situación que vivimos as mulleres con endometriose e sobre todo querENDO saber máis sobre o noso corpo e os nosos tratamentos tivemos unha magnífica xornada de formación na Sala Juanjo Gallo cedida pola Deputación da Coruña para tal fin. Que había interese no tema non cabía dúbida.
Comezou a mañá cunha charla da fisioterapeuta Sandra Martínez sobre Tratamento fisioterápico da endometriose.
Continuamos despois con outra sesión formativa a cargo da farmacéutica Cristina Fernández Feijóo que nos falou da medicación axeitada para a endometriose
Viñeron despois as preguntas e fíxesenos curto o tempo.
A seguir fúmonos de alí ao Obelisco. De entrada puidemos gozar un pouco coa música de ESCUCHANDO ELEFANTES. Un privilexio difícil de esquecer que eles tamén levantaron as mans con nós. Sentimos que eran parte de nós mesmas!
E despois diso lemos o manifesto que podedes atopar nesta mesma páxina https://querendomulleresconendometriose.wordpress.com/manifesto-2019/
E rematamos o día levantando as mans pola endometriose todos xuntos porque xa ninguén vai conseguir que as baixemos. Ninguén.
Todo isto empezara con traballo de moitas divulgando a endometriose na Coruña durante días. Pegáronse carteis en facultades, en comercios, nos autobuses urbanos…
A noite antes a Deputación da Coruña iluminou en amarelo o Teatro Colón.
A Torre de Hérculos víase fermosísima…
E detrás viñeron outros moitos como as deputaciós de lugo e Pontevedra
Concellos como o de Santiago, o de Ferrol, o de Cangas ou de Ourense tamén se iluminaron en Amarelo
Outros como Oleiros ademais de iluminar o Castelo de Santa Cruz levaron a endometriose ás súas pantallas ou encheron os baños públicos de pegatinas.
Ou o de Ames que decidiu dedicar unha das súas fontes a lembrarnos a loita contra a endometriose.
E como non damos puntada sen nó un a un fóronse unindo moitos concellos de unha ou de outra maneira… Coma este de Cangas que leva meses desenvolvendo unha campaña exemplar (dípticos para centros educativos, pegatinas nos baños públicos…).
A deputación de Lugo tamén o conmemorou ao seu xeito…
E mentres tanto a campaña dos adhesivos nos baños segue exténdendose como a néboa ao longo do curso dun río.
Perdemos a conta de cantas entrevistas fixemos para radios e as televisións tampoucos nos deixaron soas.
http://www.crtvg.es/informativos/xornada-divulgativa-na-coruna-para-dar-visibilidade-a-endometriose-4075377
E mesmo a Sexta decidiu focalizar toda información sobre endometriose dende Galicia.
https://www.lasexta.com/noticias/sociedad/tener-reglas-muy-dolorosas-no-es-normal-asi-efecta-la-endometriosis-una-enfermedad-cronica-que-tarda-en-ser-diagnosticada-hasta-10-anos-video_201903305c9f8b3f0cf2de7721ec33b2.html
E o mellor de todo que á semana seguinte as accións seguironse multiplicando de concello en Concello. E fixemos charlas en Ortigueira, no Colexio de Farmacéuticos da Coruña, en Sanxenxo e novas campaña se activaron noutros concellos.
Se alguén pensa que isto vai parar é que non nos coñece e non sabe canto carburante lle queda aínda a este autobús.
E non foron só as institucións as que as que participaron e nos amosaron a súa solidariedade. Ao longo do día fumos recibindo moreas de mensaxes que nos emocionaban. Xente que non podía estar con nós na Coruña pero que levantaba as mans pola endometriose e nolo lembraba dende a beira das nosas praias ou dende o alto dos nosos montes.
GRAZAS! LEVANTA AS MANS POLA ENDOMETRIOSE!
ASÓCIATE!