querENDO que A Coruña sexa a capital da endometriose 2019 o 30 de marzo.

O vindeiro 30 de marzo (sábado) miles e miles de mulleres en todo o mundo estaremos nas rúas para visibilizar a endometriose. Unha doenza que afecta a 1 de cada 10. Máis de 60.000 mulleres en Galicia das cales o 15% teñen as formas máis severas. 9.000 mulleres en Galicia padecen unha endometriose que é incapacitante para moitos aspectos das súas vidas.

Hai moito que reindicar e moito que aprender desta doenza. Por iso programamos charlas divulgativas que se celebrarán no edifición da Deputación da Coruña e unha concentración que se celebrará ás 13.30h diante do Obelisco. Vén!

Que María Pita nos axude!

Se queres asistir ás charlas envía un correo cos teus datos (nome completo, dni, e tfno de contacto) a levantaasmanspolaendometriose@gmail.com