querENDO celebrar o Día da Endometriose

Como sabedes o mes de marzo é o mes da endometriose. Este ano querENDO vaino celebrar en Ourense o sábado 17 de marzo nun acto ao que estades todas convidadas.

DIVULGADE, COMPARTIDE, QUE NON QUEDE NINGUÉN SEN SABER!!!!!

E se queredes asistir ás tres charlas informativas lembrade que hai aforo limitado e que vos tendes que anotar enviando un correo cos vosos datos (nome e apelidos e tfno de contacto a mulleresconendometriose@gmail.com).

 

4 Replies to “querENDO celebrar o Día da Endometriose”

    1. Estímase que unha de cada dez mulleres en idade fértil ten endometriose. Facendo un cálculo sobre a poboación feminina que ten Galicia en idade fértil ese dato seguramente se quedaría curto e serían algunhas máis. Do global de poboación con endometriose considérase que son formas severas o 15%. Iso faríanos falar de unhas 9.000 galegas coas formas máis severas da doenza. Os datos son estimativos porque nunca se fixo unha estadística rigorosa e o SERGAS carece de datos reais. Unha das cousas que nós demandabamos é que se fixese un escreening para poder realmente saber onde están esas afectadas, tratalas canto antes e crear servizos para atendelas máis próximos a onde houbese máis poboación afectada. Moitas grazas por axudarnos a difundir!

  1. Bo dia
    Quería saber si querENDO ten unha sede física en Vigo onde poida acudir a charlas ou pedir información.
    Moitas grazas

Comments are closed.