querENDO saber máis de endometriose

IMAG2550

Organizada pola Escola Galega de Saúde para Cidadáns o vindeiro 29 de febreiro de 2016 ás 17h no Hospital Nicolás Peña de Vigo vaise celebrar unha xornada formativa e informativa sobre Endometriose. Intervirán as doutoras Dna María Vieitez e Dna Helena Rodríguez -unidade de endometriose do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo-. A xornada foi solicitada por querENDO Mulleres con endometriose e está pensada para pacientes, familiares e cidadáns en xeral. A xornada é gratuíta e só hai 30 prazas disponibles.

Podedes inscribirvos aquí nesta páxina do SERGAS.

Falarase de:

Endometriose. Cales son as causas e con qué está relacionada. Diagnóstico e tratamento. Cando contactar co médico. Síntomas. Posibles complicacións. Prevención. Dúbidas e preguntas.

3 Replies to “querENDO saber máis de endometriose”

  1. Que interesante! Lástima que ao ser un día laborable non poderei asistir. Estará dispoñible en vídeo para poder vela noutro momento?

  2. Ola a tod@s,
    Comunícanme que esta xornada non se vai poder gravar. As pacientes que somos de lonxe tamén temos dereito a ver o que ali se fala, e non entendo que non se poida gravar para podelo ver. Ademáis cas poucas prazas libres que hai para poder asistir (30), o resto da xente interesada, ¿cómo vai facer pra velo?
    Grazas. Unha paciente de endometriose moi interesada no que se vai dicir sobre a súa doenza.

  3. Somos moitas as pacientes que estamos interesadas no que se poida falar nestas xornadas e por razóns laborais non podemos asistir a elas, polo que sería interesante que se permitira gravar as xornadas para a posterior difusión e así lograr que un número maior de xente sexa informada. Grazas

Comments are closed.