Tal día como hoxe cúmprense 5 meses de que o Parlamento de Galicia aprobase por Unanimidade unha moción na que instaba á Consellería de Sanidade a actuar para mellorar a atención que as mulleres con endometriose recibimos. Non temos novas de que nada se avanzase. Así que lle escribimos á Conselleira:
Da nosa estimanza:
Como vostede saberá o pasado 22 de abril o Parlamento de Galicia aprobaba na Comisión de Sanidade unha moción que no sustancial dicía:
“O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia e, en particular, a Consellería de Sanidade, a:
- Difundir a Guía de coidados a mulleres con endometriose publicada polo Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, entre os profesionais e as profesionais sanitarias que atenden a estas mulleres (persoal de xinecoloxía, persoal de medicina en atención primaria, persoal de enfermaría, matronas e matrones…) co fin de mellorar a atención que reciben as enfermas con endometriose.
- Crear un grupo de traballo multidisciplinar no prazo de seis meses para avaliar a posibilidade de poñer en marcha un Plan de detección precoz da endometriose.
- Crear un grupo de traballo multidisciplinar no prazo de seis meses para avaliar a posibilidade de levar a cabo a creación de unidades de endometriose especializadas e multidisciplinares nos hospitais públicos de Galicia.
- Crear un grupo de traballo multidisciplinar no prazo de seis meses para avaliar a posibilidade de facilitar as derivacións das pacientes con endometriose grao IV a unidades especializadas, incluíndo outras áreas sanitarias (mesmo fóra de Galicia) mentres non as haxa na área propia da doente ou as existentes non poidan asumir todos os casos.
- Fomentar o coñecemento da doenza por parte das mulleres en idade fértil e de maneira singular entre as menores de 25 anos.
- Transmitir aos Institutos de Investigación Sanitaria de Galicia a necesidade de fomentar a investigación sobre a endometriose”.
A día de hoxe cúmprense 5 meses da aprobación dese texto e non temos novas de que se dese ningún paso por parte da Consellería de Sanidade para dar cumprimento en tempo ao que esa moción recollía.
O Parlamento de Galicia nesa mesma moción contemplaba un prazo de 6 meses para que a Consellería así o fixese.
Desaproveitados xa os primeiros 150 días dese tempo só nos queda depositar nos últimos 30 todas as nosas esperanzas.
Quedamos ao seu dispor para colaborar dende a asociación querENDO en todo canto se precise para mellorar a calidade de vida das mulleres con endometriose en Galicia e pregámoslle que a súa Consellería non desoia o que na moción se recolle porque diso depende a mellor asistencia sanitaria que precisamos e precisámola xa.
Bos dÃas:
En primeiro lugar quero agradecervos toda a información que nos chega dende a vosa entidade. Gracias aos vosos artigos e campañas coñecemos un pouco máis sobre a Endometriose, unha doenza que segue sendo demasiada descoñecida.
Dende este centro valoramos especialmente todas as actuacións que promoven a saúde integral das mulleres.
O ámbito de actuación do noso centro, o Centro de Información á Muller da Mancomunidade de Ordes, é a Comarca de Ordes. Esta comarca está integrada por sete concellos: Cerceda, Frades, MesÃa, Ordes, Oroso, Trazo e Tordoia. Polo que, temos a oportunidade de desenvolver actuacións nunha zona rural relativamente amplia.
GustarÃanos saber si existe algunha vÃa de colaboración coa vosa entidade para dar a coñecer entre as mulleres e o resto da sociedade ordense a vosa entidade e todo o relacionado coa endometriose: sÃntomas da doenza, estratexias de sensibilización e de apoio, etc.
AgradecerÃavos que vos poñades en contacto con nós para abordar a posibilidade realizar algunha acción conxuntamente.
Atentamente,
Nazaret González MartÃnez
Centro de Información á Muller
Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes
Rúa L. Xoxardo, s/n
15680 Ordes, A Coruña
981 682 108 / 981 680 002
cim@ordes.dicoruna.es
FSE.jpg logo_SXIgualdade_color.TIF escudo mancomunidade de ordes.JPGcim.png