
Este martes 24 de febreiro tivo lugar na Facultade de Socioloxía da Universidade da Coruña un Cinefórum sobre a endometriose, dentro do ciclo “6 meses, 6 causas, Mulleres e Saúde” promovido pola UDC Saudable.
Nesta sesión tivo lugar a proxeción do documental “Endometriosis. La punta del iceberg” e seguidamente se abriu un debate moi enriquecedor sobre a doenza.
A nosa asociación, querENDO, participou para dar testumuño da vida das mulleres con endometriose.

Grazas á UDC Saudable por contar con nós.
