
Este sábado 4 de outubro, a Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS, xunto con outras 8 asociacións de pacientes (entre elas querENDO), organizaron un evento informativo para usuarios e pacientes da sanidade galega co motivo de presentar e dar a coñecer a queixa colectiva elevada á Valedora do Pobo o pasado mes de xuño polo funcionamento das “axendas dinámicas”, aplicadas nas consultas externas e probas diagnósticas do Sergas.