A endometriose doe. A endometriose incapacita. A endometriose cambia vidas.
Pero nós tamén podemos cambiar a nosa historia.
Cando nos din que a dor é normal, aprendemos a escoitarnos a nós mesmas.
Cando nos deixan sen respostas, buscamos información e compartímola.
Cando nos fan sentir soas, atopamos refuxio na unión.
Somos mulleres con endometriose, e si, seguimos na loita para que nos escoiten, para que os diagnósticos cheguen antes, para que os tratamentos melloren e para que a sanidade pública nos dea a atención que necesitamos. Pero sabemos que non podemos quedarnos só niso. Porque hai moito que podemos facer por nós mesmas, sen depender de ninguén.
En QuerENDO, levamos 10 anos demostrando que xuntas somos máis fortes. Que os nosos cafés non nos van curar, pero si nos axudan a estar menos soas. Que a información que compartimos pode ser a diferenza entre anos de sufrimento ou un diagnóstico a tempo. Que apoiar a quen chega detrás de nós é un acto de sororidade e resistencia.
A endometriose róubanos moito, pero non nos vai roubar a voz. Nin a forza. Nin a determinación.
Por iso, hoxe máis que nunca, hicimos ben alto:
#QUERENDOUNCAFÉ para que ningunha muller con endometriose volva sentirse soa.
#UNHADORCOMPARTIDA porque cando nos unimos, a carga faise máis lixeira.
#ENDOMETRIOSE para que o mundo coñeza esta doenza e deixe de ser unha enfermidade invisible
#IMOSAOGRAN porque non imos parar ata que as cousas cambien.
Estamos aquí. Estamos xuntas. E estamos dispostas a cambiar as regras do xogo.
1-> porque as persoas que veñen detrás de nós, non pasen o que pasei eu. [TODAS SIIII]
2-> por derrubar o mito de que a regra doe
3-> por un diagnóstico médico precoz da endometriose
4-> por unhas verdadeiras unidades multidisciplinares para a nosa doenza
5->porque hai moito que podemos facer por nos: autocoidado, deporte, alimentación
6-> por unha atención sanitaria pública de calidade e sen violencia obstétrica
7-> por unha mellor formación dos nosos sanitarios sobre a endometriose
8-> porque haxa maior gasto en investigación e se coñeza a causa da nosa enfermidade
9-> porque o goberno da Xunta cumpla co acordado na moción de censura aprobada por unanimidade no Parlamento de Galicia sobre a endometriose fai 10 anos
10-> por seguir loitando outros 10 anos e os que fagan falla,
e sempre
[TODAS] querENDO!!!