A asociación querENDO Mulleres con endometriose participará unha reunión este martes día 30 de decembro de 2025 ás 12:00 horas na Sede da Consellería de Sanidade, para demandar un cribado de endometriose, unha doenza que ten un atraso diagnóstico medio de 8 anos.
Na última semana de novembro deste 2025, a asociación querENDO pasou por rexistro na Consellería de Sanidade unha petición para que se poña en marcha un plan para facer aflorar os diagnósticos de endometriose.
O motivo que orixina a demanda é o feito de que esta doenza ten un atraso diagnóstico que se prolonga por anos, nos que as mulleres asisten a numerosas consultas con facultativos de distintas especialidades relatando os seus síntomas e sen que ninguén lle dea nome á doenza por diversas causas.
Neses anos a súa calidade de vida empeora, o prognóstico na evolución da doenza tamén, e acumulan dores e molestias que van facendo cada vez máis difícil levar unha vida normal.
A maiores tamén hai que ter en conta que canto máis tardío é o diagnóstico máis dificultades teñen as mulleres con endometriose para conseguir un embarazo no caso de desexalo.
As socias de querENDO confían en que de realizarse este cribado moitas mulleres non chegarían aos graos máis desenvolvidos da doenza onde moitas veces a dor se volve incapacitante para o desenvolvemento dunha vida normalizada.
Calcúlase que en Galicia poden estar padencendo esta doenza unhas 60.000 mulleres das cales moitas están sen diagnóstico.
A reunión será coa subdirectora xeral de Atención Primaria Dra. Patricia Pazos Crespo, e terá lugar na Dirección Xeral de Atención Sanitaria (1ª planta – Edificio Administrativo San Lázaro, s/n – 15703 Santiago de Compostela), este martes 30 de decembro de 2025 ás 12.00 h.