Ante o borrador da nova lei orgánica para a protección dos dereitos sexuais e reproductivos e a garantía da interrupción voluntaria do embarazo, na que se inclúe o dereito á baixa laboral de 3 a 5 días para mulleres con dor de regra incapacitante, gustaríanos aclarar que a dor de regra NON é normal e que é preciso que se atenda en tempo e forma de cara a un diagnóstico precoz de posibles doenzas que a provocan, como pode ser a endometriose.
É preciso investimento en investigación e formación do persoal sanitario asi como protocolos de actuación eficaces, como o Modelo de atención ás mulleres con endometriose, proposto polo Ministerio de Sanidade.
Aproveitamos para mostrar todo o noso apoio a todas as mulleres que precisan 3 (ou máis) días ao mes para repoñerse das súas dores, ás que perderon o traballo por esta causa ou ás que sofren o estigma social que acompaña a esta dor.