querENDO poñer outra cara á endometriose

E se 60.000 homes galegos tiveran dor incapacitante 5 días ao mes e lles dixeran que é normal?

E se o 10 % dos homes galegos en idade fértil tiveran unha doenza de orixe descoñecida e non se investigase?

E se entre o 30-50 % dos homes galegos que presentan esterilidade tiveran unha doenza que tarda de media 8 anos diagnosticarse?

E se cando un home se queixara de dor se levara ao ámbito psicosomático?

E se 60.000 homes en Galicia tiveran endometriose???

As socias de querEndo pedímoslles aos homes que nos coidan, nos acompañan e nos comprenden que nos prestasen a súa imaxe para por voz ás nosas vivencias como doentes de endometriose.

Será que soan diferente se é un home quen as conta?