Ola!
Queres colaborar coa divulgación da endometriose dun xeito moi doado e cómodo?
Pois velaquí tes varias posibilidades diferentes: Bolsas, parasoles ou camisetas… Elixe como mellor queres facelo.
- BOLSAS LEVANTA AS MANS POLA ENDOMETRIOSE.
Se es das que sempre teñen á man unha bolsa de tea este é o teu agasallo! Unha magnífica bolsa de tea negra por 6€ + 4€ por gastos de envío. E se no mesmo pedido solicitas máis dunha bolsa os 4€ do envío só os terás que pagar unha vez.
Para recibir unha bolsa na túa casa terás que seguir o seguinte proceso:
- Ingresa un donativo de 6€ + 4€ polos gastos de envío na conta da Caixa Rural Galega ES98-3070-0035-21-6145440928. Cando fagas o ingreso é importante que figure o teu nome e apelidos e pon en concepto Doazón pola bolsa da endometriose. Se queres máis dunha bolsa pon entre paréntese o número que queres.
- Envía unha copia do teu ingreso ao correo levantaasmanspolaendometriose@gmail.com e indícanos os seguintes datos
A) Nome e apelidos
B) Teléfono de contacto
C) enderezo completo ao que debemos facer o envío
No caso de querer máis dunha bolsa a cantidade que debes ingresar será:
6 euros por cada bolsa + 4 euros polo envío conxunto
A que están chulísimas?
2. PARASOLES SE A REGRA NON CHE DEIXA FACER VIDA NORMAL ALGO VAI MAL.
Cantos amigos e familiares teus teñen coche? Se lles agasallas este parasol estás convertendo todos eses coches nunha valla publicitaria para a endometriose. Moitas mulleres e mozas que pasen ao seu carón na rúa estarán sabendo, se cadra por primeira vez, que existe unha doenza que se chama endometriose e poderás darlle esta mensaxe: a dor de regra non é normal. Colabora levando un destes parasoles no teu coche.
Para recibir un parasol na túa casa terás que seguir o seguinte proceso:
- Ingresa un donativo de 8€ na conta da Caixa Rural Galega ES98-3070-0035-21-6145440928. Cando fagas o ingreso é importante que figure o teu nome e apelidos e pon en concepto Doazón polo parasol da endometriose. Se queres máis dun parasol pon entre paréntese o número que queres.
- Envía unha copia do teu ingreso ao correo levantaasmanspolaendometriose@gmail.com e indícanos os seguintes datos
A) Nome e apelidos
B) Teléfono de contacto
C) enderezo completo ao que debemos facer o envío
No caso de querer máis dun parasol a cantidade que debes ingresar será:
4 euros por cada parasol + 5 euros polo envío conxunto (ata 5 parasoles) ou + 10 euros polo envío conxunto se supera os 5 parasoles.
Hai moreas deles esperando por ti!
____________________
3. CAMISETAS LEVANTA AS MANS POLA ENDOMETRIOSE
Queres ter unha das camisetas da campaña LEVANTA AS MANS POLA ENDOMETRIOSE?
Neste momento están esgotadas. Pero se nos envías un mail a levantaasmanspolaendometriose@gmail.com pedíndonolo enviámosche de balde o deseño e podes facela ti mesma na tenda que teñas máis preto.
Lembra que con esta colaboración estás axudando a que sigamos traballando na divulgación da endometriose.