Nesta páxina iremos recollendo as Guías, artigos e outros materiais que consideremos de especial relevancia para a comprensión e difusión sobre a endometriose. Podes acceder a eles no seguinte listado:
- “Guía para la comprensión y el apoyo psicológico de la mujer con endometriosis”. Unha interesante guía promovida pola Asociación de Afectadas de Endometriose de Zaragoza sobre a dimensión psicolóxica da enfermidade.
- Entrevista á endocrinóloga Carme Valls Llobet, endocrinóloga, realizada polas compañeiras da Asociación de Afectadas de Endometriosis de Cataluña, sobre como afecta o sistema inmunitario e os estróxenos na endometriose.
https://youtu.be/pUe-vvqiwWE
- Comparecencia do Xefe de Xinecología do Hospital Clínic de Barcelona, D. Francisco Carmona Herrera no Senado o 07/04/2015, na que este reputado investigador no eido da endometriose fai unha completa revisión da situación actual da enfermidade en España, das súas causas, tratamentos e retos de futuro.