Guía do SNS

A Guía de atención a mulleres con endometriose do Sistema Nacional de Saúde é un documento imprescindible que debes ter a man para coñecer a túa enfermidade e saber cómo actuar ante as dificultades que se presenten no camiño. Publicada en 2013 como froito da presión de asociacións de afectadas e da colaboración de profesionais da sanidade, é unha ferramenta esencial na loita das asociacións de afectadas: esixir un trato axeitado da enfermidade á sanidade pública que, por desgracia, en moitas ocasións non se produce.

Na Guía poderedes atopar:

  • Unha análise pormenorizada da enfermidade que inclúe o estudo da súa definición, características, diagnose, tratamento e o seu impacto psicosocial
  • As recomendacións sobre os itinerarios de atención dentro do sistema nacional de saúde.

Este segundo aspecto é o noso punto de partida na loita por una atención de calidade ás afectadas. Podes ver máis sobre este aspecto aquí.

Podes descargala aquí: Guia SNS endometriosis

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *