Son moitas as razóns polas que podes querer asociarte:
- Porque queres deixar de estar soa con esta doenza
- Porque cres que podes axudar a outras mulleres ou que outras mulleres te podemos axudar a ti
- Porque cres que se precisa unha voz que fale por nós coa administración sanitaria, coas xerencias dos hospitais, cos servizos de xinecoloxía e obstetricia
- Porque para as mulleres que padecemos endometriose en Galicia todo está por facer
Para asociarte tes que:
- Descarga o formulario en formato pdf (ábreo con Adobe Reader) ou en formato Word, o que che resulte máis cómodo.
- Cumprimentalo, imprimilo e asinalo.
- Facérnolo chegar:
- Escaneado ao noso mail mulleresconendometriose@gmail.com (opción preferencial)
- Enviándoo por correo postal a:
- Escaneado ao noso mail mulleresconendometriose@gmail.com (opción preferencial)
QuerENDO. Mulleres con endometriose.
Duomes de Arriba, 26.
Sanamede de Monte. 15863 A Baña.
Buenos días:
Estoy intentando bajar el formulario para asociarme pero da error en la página y no me deja descargar el archivo.
A nós estanos funcionando. Calquera cousa tamén podedes escribirnos a mulleresconendometriose@gmail.com. Graciñas!