querENDO multiplicar os cafés contra a endometriose

Hai xa un tempo que todos os últimos domingos de cada mes temos un café contra a endometriose. Encántanos ver como hai localidades nas que xa é un clásico e outras que son novas no mapa. Este mes temos que dicir Ola Lalín! Seguimos como decote en Culleredo, Santiago, Vigo e Lugo.

Xa sabedes… unídevos!

Non hai máis que pasar por alí e sentarse a tomar o café. E se ademais queres avisar de que vés manda un correo a mulleresconendometriose@gmail.com.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *