Grazas a todo o traballo realizado nesta primeira etapa, conseguimos que a nosa loita chegara aos medios, aquí tendes o que se dixo nestes días:
- Artigo “A loita das mulleres galegas contra a invisibilidade da endometriose” o 6 de febreiro en Praza Pública.
- Artigo “querENDO, unha asociación para rachar coa invisibilidade da endometriose” o 9 de febreiro en Sermos Galiza.
- A nosa primeira entrevista na radio o día 10 de febreiro en Convivir en igualdade da Radio Galega (a partir do minuto 23:15).
- E máis recentemente, unha entrevista da nosa Presidenta Iria Villar que nos fai especial ilusión porque pon o foco en nós, as afectadas (no Sermos Galiza en papel).
Parécevos pouco? Pois agardade, que marzo -mes da endometriose- vén cargadiño!